Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a Terra a súa dinámica, material para facer traballos... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






viernes, 26 de septiembre de 2008

Glosario: A Terra e a súa dinámica (II)

- Altiplanicie ou altiplano
- Andesita
- Aplito
- Basalto
- Buzamento
- Chaira ou planicie
- Cordilleira
- Cuarcita
- Depresión geográfica
- Erosión
- Fenocristal
- Filita
- Fosa tectónica
- Fosa oceánica
- Gneis
- Granito
- Illa
- Mármore
- Metamorfismo
- Pegmatita
- Peridotita
- Plataforma continental
- Relevo terrestre
- Rocha
- Textura

A Terra e a súa dinámica (I)

O interior da Terra
Mina de ouro Tautona (Sudáfrica): 3500 metros de profundidade
Tecnoloxía actual: Sondaxes ata 13000 metros de profundidade
Raio medio da Terra: 6371 km
Así é a Terra por dentro
Codia: Ata os 40 km de espesor
Descontinuidade de Mohorivicic entre a codia e o manto
Manto: Dende os 40 km ata os 2900 km de espesor
Descontinuidade de Gutenberg entre o manto e o núcleo
Núcleo: Dende os 2900 km ata os 6371 km de espesor
Núcleo externo: Dende os 2900 km ata os 5100 km de espesor (líquido)
Núcleo interno: Dende os 5100 km ata os 6371 km de espesor (sólido)
Ondas sísmicas
Vibracións que se producen no interior da Terra
Sismógrafos: Aparellos que rexistran as vibracións
Sismograma: Representacións gráficas que fan os sismógrafos
Tipos
Ondas P: Son as máis rápidas
Teñen maior velocidade nos sólidos
Nos líquidos propáganse a menor velocidade
Ondas S: Máis lentas cás ondas P
Propáganse nos medios sólidos
Nos medios líquidos non se propagan

As placas tectónicas
Litosfera
É a capa máis externa da Xeosfera
Continental
Oceánica
Formada pola codia e a parte máis externa do manto
Placas tectónicas ou litosféricas
Cada un dos anacos que forman a litosfera
Están dispostas coma un crebacabezas
Móvense moi lentamente
Dan lugar a fenómenos xeolóxicos
Principais placas tectónicas
Norteamericana
Eurasiática
Arábiga
India
Filipina
Indoaustraliana
Africana
Antártica
Sudamericana
Scotia
Nazca
Cocos
Pacífica
Juan de Fuca
Caribe
Tipos de bordos entre dúas placas
Converxentes
Converxen dúas placas
Poden dar lugar a
Cordilleiras montañosas
Terremotos
Volcáns
Diverxentes
As placas sepáranse
A lava que flúe, arrefría e solidifícase
Fórmanse así as rochas volcánicas da codia oceánica
Pasivos
As placas móvense lateralmente
Poden dar lugar a
Terremotos
Fallas
Os bordos das placas son as rexións de maior actividade xeolóxica interna da Terra, volcánica e sísmica
O movemento dos continentes
Renacemento
Leonardo da Vinci (ss. XV e XVI)
Intuíu os movementos dos continentes e os cambios do nivel do mar
Giordano Bruno (s. XVI): Acusado de herexía polas súas ideas sobre o Universo e a dinámica da Terra
Dixo que os continentes e os océanos cambiaran moitas veces de posición ó longo da historia da Terra
Século XIX
Antinie Snider Pellegrini
Argumentou que os continentes actuais procedían da fragmentación dun xigantesco
Século XX
Deriva continental: Wegener
Dixo, que no pasado existiu un xigantesco continente (Panxea), que se rompeu en novos bloques continentais e que se foron desprazando ata a súa posición actual
Teoría das placas tectónicas: Wegener e John Tuzo Wilson
Na segunda metade do século XX, o coñecemento dos fondos oceánicos e dos procesos xeolóxicos que se dan neles fixo nacer esta teoría, que retomou a idea da deriva continental de Wegener
Volcáns
Orificios ou gretas polos que se expulsan ao exterior os materiais fundidos ou magmas procedentes do interior da Xeosfera
Tipos
Subaéreos: A súa actividade ten lugar en áreas terrestres
Submarinos: A súa actividade ten lugar baixo a superficie do mar
Partes
Cámara magmática: Lugar onde se atopa o magma
Cheminea volcánica: Conducto polo que ascende o magma e que comunica a cámara magmática có cráter
Cráter: Orificio por onde saen ó exterior os materiais fundidos
Coadas de lava: Materiais fundidos que se deslizan polas ladeiras do volcán
Cono volcánico: Montaña volcánica formada por acumulación de coadas e outros productos
Productos expulsados
Piroclastos (sólidos)
Bombas volcánicas
Grandes bloques de material fundido que solidificou no aire, despois de ser expulsado de forma violenta polo volcán (algunhas poden pesar máis dunha tonelada)
Lapilli
Fragmentos de tamaño pequeno (de 2 a 64 mm. de diámetro) e de orixe similar á das bombas
Cinzas volcánicas
Partículas moi finas que lanza o volcán a gran altura (menos de 2 mm. de diámetro)
Lavas (líquidos)
Fórmanse cando o magma alcanza a superficie terrestre e perde a maior parte dos seus gases. Flúen, como os ríos, ata que se arrefrían e se consolidan
Gases volcánicos (gasosos)
Libéranse cando o magma chega a superficie terrestre
Este proceso de liberación pode ser tranquilo ou violento
Os principais gases son o vapor de auga, o dióxido de carbono e o dióxido de xofre
Riscos
Lavas
Gases volcánicos
Fluxos piroclásticos ou nubes ardentes
Lahares
Fórmanse nos volcáns que teñen neve no seu cume. Cando o volcán derrete a neve polas elevadas temperaturas dos productos expulsados, fórmanse ríos de lama
Zonas de risco
Volcáns de bordos de placa: Cordilleira dos Andes
Cimborazo
Cotopaxi
Volcáns de interior de placa
Illas Canarias
Hawaii
Predicción volcánica
Prevención volcánica
Terremotos
Tamén se chaman movementos sísmicos ou sismos
Son sacudidas bruscas de intensidade variable e, xeralmente, de curta duración
As zonas de maior actividade sísmica localízanse nos bordos das placas
Estudio
Dous parámetros
Intensidade
Medida baseada nas sensacións percibidas polas persoas
Escala M.S.K. de intensidade
Vai dende o grao I (menor intensidade) ó grao XII (máxima intensidade)
Magnitude
Mide a cantidade de enerxía liberada no terremoto
Escala de Richter
Vai dende o grao 1 (mínima intensidade) e non ten límite superior
Os terremotos máis grandes tiveron magnitudes próximas ó grao 9
Hipocentro
Tamén chamado foco sísmico
Lugar no interior da Terra onde se orixina o terremoto
Epicentro
Primeiro punto da superficie terrestre no que se percibe o terremoto
Riscos
Destrucción de edificios
Roturas de conducción de gas e electricidade
Incendios
Inundacións por rotura de presas
Tsunamis ou maremotos
Prevención
A prevención é moi complexa
Elaboración de mapas sísmicos
Construcción de edificios sismorresistentes
Desenvolvemento de programas de Protección Civil

jueves, 25 de septiembre de 2008

Glosario: A Terra e a súa dinámica (I)

- Bomba volcánica
- Cámara magmática
- Cinza volcánica
- Coada de lava
- Codia terrestre
- Convección
- Cráter
- Deriva continental
- Descontinuidade de Gutenberg
- Descontinuidade de Mohorovicic
- Dorsal oceánica
- Epicentro
- Escala M.S.K
- Escala Richter
- Falla
- Hipocentro
- Lahar
- Lapilli
- Lava
- Litosfera
- Litosfera continental
- Litosfera oceánica
- Magma
- Manto terrestre
- Maremoto
- Núcleo da Terra
- Onda sísmica
- Piroclasto
- Placa tectónica ou litosférica
- Sismógrafo
- Sismograma
- Terremoto ou sismo
- Tsunami
- Volcán
- Xeosfera