O relevo terrestreQue é o relevo?
É a consecuencia de numerosos procesos xeolóxicos (endóxenos e esóxenos), que se deben á enerxía interna da Terra e a enerxía do Sol
Tipos de relevo
Das áreas emerxidas
Cordilleiras montañosas
Relevos orixinados pola converxencia de placas tectónicas
Chairas ou planicies
Son zonas moi chas ou lixeiramente accidentadas
Altiplanuras
Son chairas que se atopan a certa altura sobre o nival do mar
Moi abundantes na Península Ibérica
Depresións
Son áreas máis deprimidas cós relevos circundantes
Destacan as depresións dos grandes ríos (Ebro, Douro,...)
Das áreas mergulladas
Plataformas continentais
Constitúen a continuación dos continentes baixo as augas mariñas
Esténdense ata os 200 metros de profundidade
Dorsais
Extensos relevos submarinos de orixe volcánica
Elévanse entre 2000 e 3000 metros sobre o fondo oceánico
Recorren amplamente o fondo dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico
A parte central das dorsais está ocupada por unha depresión chamada rift
Chairas abisais
Son enormes depresións nos fondos oceánicos
Nelas deposítanse capas de sedimentos
Fosas
Depresións alongadas e estreitas de grande profundidade
A das Marianas supera os 10000 metros
Illas
Fórmanse pola acumulación dos productos expulsados polos volcáns submarinos
Outeiros volcánicos
Fórmanse pola acumulación dos productos expulsados polos volcáns submarinos
As rochas do relevo
Esóxenas ou sedimentarias
Fórmanse en procesos xeolóxicos externos (esóxenos), que teñen lugar na superficie terrestre ou a pouca profundidade, como consecuencia da acción da atmosfera, da hidrosfera e dos seres vivos
Endóxenas
Fórmanse en procesos xeolóxicos internos (endóxenos), que teñen lugar no interior da xeosfera, como consecuencia da enerxía interna da Tarra
Magmáticas
Fórmanse por magmatismo (arrefriamento de magma)
Metamórficas
Orixínanse por metamorfismo (altas presións e temperaturas)
O ciclo litolóxico das rochasO ciclo litolóxico é o conxunto de procesos xeolóxicos por medio dos que cada un dos tres grandes grupos de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) se forman a partir dos outros dous
Deformación das rochasDobras
Elementos
Charneira: Zona de máxima curvatura
Liña de charneira: A que une os puntos da charneira
.Plano Axial: É o que contén tódalas liñas de charneira
Flanco
Limbo
Buzamento: É o ángulo que forman as superficies dos flancos cun plano horizontal
Núcleo: É a parte máis interna dunha dobra
Tipos
Antiformes ou anticlinais: A convexidade está dirixida cara arriba
Sinformes ou sinclinais: A convexidade está dirixida cara a abaixo
Fracturas
Tipos
Diáclases: Son fracturas nas que non se produce movemento relativo entre os dous bloques
Fallas: Son fracturas nas que se produce movemento relativo entre os dous bloques
Elementos
Plano de falla: É o plano de fractura
Bloque afundido: Móvese cara a abaixo
Bloque levantado: Móvese cara a arriba
Salto de falla: É a distancia, media sobre o plano de falla, que separa dous puntos que se atopan unidos antes de producirse a fractura
Buzamento: É o ángulo que existe entre o plano de falla e un plano horizontal imaxinario
As rochas magmáticasOrixe: Os magmas son masas de minerais fundidos, xeralmente de composición silicatada, que conteñen algúns cristais sólidos e gases (sobre todo, vapor de auga)
Tipos
Plutónicas ou intrusivas: Orixínanse cando o magma se arrefría lentamente no interior da xeosfera
Volcánicas ou efusivas: Xéranse cando o magma alcanza a superficie terrestre e se transforman en lavas
Depósitos das rochas magmáticas
Plutóns: En zonas profundas da litosfera
Diques: En gretas ou fisuras
Lacólitos: Entre as capas de rocha encaixante
Depósitos das rochas volcánicas
Coadas
Principais
Plutónicas
Granito
Peridotita
Pórfiro cuarcífero
Sienita
Pegmatita
Aplito
Volcánicas
Basalto
Andesita
Vidros volcánicos
As rochas metamórficasMetamorfismo: É a transformación, en estado sólido, de rochas xa existentes que son sometidas ás elevadas temperaturas e presións do interior da litosfera
Factores
Presións elevadas
Temperaturas altas
Tipos
Metamorfismo dinamotérmico: Prodúcese en zonas amplas onde converxen dúas placas tectónicas
Metamorfismo térmico: Débese ás altas temperaturas que subministran os magmas
Principais
Rochas foliadas
Lousa
Xisto
Filita
Gneis
Rochas non foliadas
Mármore
Cuarcita